<body><script type="text/javascript"> function setAttributeOnload(object, attribute, val) { if(window.addEventListener) { window.addEventListener('load', function(){ object[attribute] = val; }, false); } else { window.attachEvent('onload', function(){ object[attribute] = val; }); } } </script> <div id="navbar-iframe-container"></div> <script type="text/javascript" src="https://apis.google.com/js/platform.js"></script> <script type="text/javascript"> gapi.load("gapi.iframes:gapi.iframes.style.bubble", function() { if (gapi.iframes && gapi.iframes.getContext) { gapi.iframes.getContext().openChild({ url: 'https://www.blogger.com/navbar.g?targetBlogID\x3d20339557\x26blogName\x3dIgnacio+Davila\x26publishMode\x3dPUBLISH_MODE_BLOGSPOT\x26navbarType\x3dTAN\x26layoutType\x3dCLASSIC\x26searchRoot\x3dhttps://idsport.blogspot.com/search\x26blogLocale\x3des_ES\x26v\x3d2\x26homepageUrl\x3dhttp://idsport.blogspot.com/\x26vt\x3d-6569750765968204718', where: document.getElementById("navbar-iframe-container"), id: "navbar-iframe" }); } }); </script>

Ignacio Davila

Bolg Personal del Copiloto de Rallyes

CURSO DE COPILOTAJE DVF EN SALVATERRA

Outro ano máis realizouse o curso de Copilotaxe DVF en Salvaterra de Miño, realizándose
entre DVF técnicas de copilotaxe, a Escudería Surco e co apoio do Concello de Salvaterra de Miño.

Como en anteriores edicións, o curso tivo unha gran aceptación de participación e unha gran
acollida en Salvaterra.

Os dous monitores que impartiron o curso foron Diego Vallejo, copiloto profesional Campión
da Copa GT no Nacional de Rallyes de Asfalto 2007 e Subcampión en 2RM no campionato
de Rallyes de Terra. Con el Colaborou tamén Moncho López Copiloto de Luís Vilariño Subcampións Galegos de Rallyes e Campións de Gr.A.
O curso impartiuse en dúas Xornadas, sábado todo o día co descanso pertinente para ter unha
comida en grupo e domingo medio día para finalizar o curso con outra comida en grupo.
O sábado pola mañá os dous monitores impartiron, toda a parte teórica da que consta un
rallye, desde o momento de realizar a inscrición no mesmo, pasando polos recoñecementos,
verificacións e o día propio da carreira.
Pola tarde dedicáronse a explicar os sistemas de notas, con exemplos de diferentes pilotos e
realizando a escritura das mesmas por parte dos alumnos, e cantando as notas con imaxes
das cámaras interiores dos diferentes pilotos.
O domingo colaborou como piloto no curso, Oscar Garre Subcampión do desafío Peugeot
2007 no Campionato de España 2007.
Con este piloto os alumnos realizaron anotación de notas sobre varios tramos da Play Station2 no xogo WRC evoled, para logo posteriormente cantar as notas a este piloto mentres realiza
devandito tramo.
Despois da practica de cantar notas os monitores entregáronlles a todos os alumnos un DVD co material empregado para practícalas no curso e un CD interactivo con programas deseñados
por eles para utilizar nas carreiras e que facilitarán o traballo a estes futuros copilotos.
Finalmente os monitores entregaron un diploma a todos os alumnos Asistentes.
« Home | Next »
| Next »
| Next »
| Next »
| Next »
| Next »
| Next »
| Next »
| Next »
| Next »

» Publicar un comentario